💥IMPROVISAR💥 con Lucía Veiga

Café Derby 21 - A podcast by Café Derby 21

Categories:

Pode parecer que traballamos sen escaleta e sen texto preparado, pero iso non é de todo certo. Levamos anos deixando oco ao incerto e a que todo aconteza, polo que desenvolvimos unhas certas habilidades. Por iso, neste programa xuntámonos coa actriz, presentadora e cómica Lucía Veiga para 💥IMPROVISAR💥 e falar de humor, da vida e de ligar. Logo de gañar dous Mestre Mateo, Lucía Veiga chega ao noso podcast para afondar nos misterios da risa, poñer en valor a importancia da improvisación para saír adiante e deixar consellos sobre como improvisar en entrevistas de traballo ou infidelidades. · Co apoio inestimable de Deleite e o traballo de edición de Xoán Bregua💙