A Camisa (Episodio 1)
O podcast do CCG - A podcast by Consello da Cultura Galega
Categories:
A Camisa foi unha das obras emblemáticas do dramaturgo Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1921 - Madrid, 1994) e unha destacada peza do teatro social español dos anos 60. O concello do Barco de Valdeorras e o Consello da Cultura Galega promoven esta adaptación sonora, realizada a partir da tradución ao galego de Ramón de Valenzuela en 1960. Dramaturxia: Tito Asorey Elenco: Melania Cruz, Vanesa Sotelo, María Costas, Josito Porto, Nacho Castaño, Davide González, Tito Asorey